Saltar ao contido

Carlos Sante Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Sante Varela
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1694914 Editar o valor en Wikidata

Carlos Sante Varela, nado no ano 1971 na Coruña, é un actor, director e actor de dobraxe galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional como actor no ano 2000 na Escola Dramática Galega. Actuou con compañías como Matarile ou o CDG compaxinandoo con traballos de locucións, dobraxes e participacións audovisuais. Desenvolveu espectáculos cómicos coma Concerto Bífido, gañador do Festiclown no 2000, ou Muñekitous-A Nasional Yeografic Riport, 2º premio Radiocity Valencia no 2003

Recibiu unha completa formación, destacando o posgraduado en Interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e o seu diploma na Ècole Philippe Gaulier de Londres.

É o presidente da A.C. Manicómicos e director do seu festival, tamén é socio fundador da Federación de Asociación de Novo Circo de Galicia e co-director da escola de teatro San&saN da Coruña.

Traballos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]